Vídeo didáctico (1´ 20´´) coa introdución ao primeiro tema do curso aberto en liña "Química, unha ciencia experimental", coordinado por Marcelino Maneiro. Neste tema introdutorio preséntase o material que se emprega no laboratorio, faise un repaso das normas de seguridade, discútese cales son as claves para realizar cálculos estequiométricos e preséntanse algunhas técnicas para separar os compoñentes dunha mestura.