Vídeo didáctico (1´ 13´´) coa presentación do segundo tema do curso aberto en liña "Química, unha ciencia experimental", coordinado por Marcelino Maneiro. Neste segundo tema explícase como se preparan as disolucións e como deben realizarse os cálculos para saber a súa composición. A maiores, aprenderás a preparar unha disolución de fertilizante de tipo NPK, a elaborar caldo bordelés e a obter un biocarburante a partir dun aceite.