Vídeo didáctico (1´ 25´´) coa presentación do terceiro tema do curso aberto en liña "Química, unha ciencia experimental", coordinado por Marcelino Maneiro. Este terceiro tema céntrase nos sistemas coloidais. Descubrirás cales son as propiedades dos coloides, aprenderás a separar os diferentes compoñentes do leite e coñecerás novas técnicas de separación de substancias, como a centrifugación.