Vídeo didáctico (1´ 19´´) coa presentación do quinto tema do curso aberto en liña "Química, unha ciencia experimental", coordinado por Marcelino Maneiro. Nesta quinta entrega poderás achegarte ás reaccións ácido-base, que constitúen algúns dos procesos máis importantes dos sistemas químicos e biolóxicos. Descubrirás como se prepara un indicador ácido-base natural con col lombarda, aprenderás a realizar unha valoración ácido-base coa que poder calcular o grao de acidez dun vinagre e saberás como se determina o contido de calcio nunha mostra de penso.