Vídeo didáctico (9´ 02´´) no que descubrirás a orixe, o significado e as historias que se agochan detrás dalgúns dos microtopónimos que dan nome a diferentes lugares situados nunha das principais xoias do noso patrimonio natural: O Monte Pindo.
Esta peza, elaborada pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega e presentada por Fran Cañotas, pertence á serie Os nomes da terra, deseñada co obxectivo de divulgar o noso rico legado toponímico.