Os nomes da terra. Oleiros

Incorporación a Proxector: 7/2/2022

Vídeo didáctico (10´ 05´´) no que descubrirás o significado e as historias que se agochan detrás dalgúns dos principais microtopónimos de Nós, parroquia do concello de Oleiros. Tamén coñecerás a orixe dalgúns dos areais deste municipio, así como as iniciativas sociais que promoveron os propios veciños para conservar a toponimia tradicional nos novos espazos urbanizados.

Esta peza, elaborada pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega e presentada por Fran Cañotas, pertence á serie Os nomes da terra, deseñada co obxectivo de divulgar o noso rico patrimonio toponímico.

Xosé Antón Moure    AUTORÍA
Asociación Socio-Pedagóxica Galega CREACIóN
7/2/2022 INCORPORACIÓN A PROXECTOR
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO