As matemáticas que gañaron a Segunda Guerra Mundial

Incorporación a Proxector: 14/2/2022

Vídeo didáctico (1' 57'') no que Álvaro Cañete Rosell, Carolina Grille Sieira e Clara Vales Fernández, de 3º da ESO do Colexio Obradoiro da Coruña, nos demostran como grazas ás matemáticas se poden salvar vidas. En concreto, descubrirás como funcionaba a máquina de rotores que os alemáns deseñaron para a cifraxe de mensaxes durante a Segunda Guerra Mundial, e como os ingleses conseguiron descubrir o seu funcionamento.
Esta foi unha das pezas gañadoras do concurso "Explícoche matemáticas 2.0", na edición de 2016.

Álvaro Cañete Rosell    Carolina Grille Sieira    Clara Vales Fernández    AUTORÍA
14/2/2022
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    NIVEL DE ENSINO