Vídeo de divulgación científica (2´ 05´´) no que se describe que é un lucecú ou vagalume, coñecido cientificamente como Lampyris noctiluca. Tamén descubrirás todos os termos que se usan en galego para denominar este insecto.
Esta peza forma parte do "Dicionario da Ciencia", unha serie de audiovisuais producidos por GCiencia e presentados pola actriz Déborah Vukusic, que explican de xeito desenfadado diferentes temos relacionados coa ciencia. Na realización deste vídeo participaron Emilio Rodríguez (realización), Nelson Ribeiro (cámara), Déborah Vukusic (presentadora), Eduard Rolland (guión) e Paula Lago (deseño gráfico).