Vídeo de divulgación científica (1´ 36´´) no que se describe en que consiste a choiva de meteoros, popularmente coñecida como choiva de estrelas.
Esta peza forma parte do "Dicionario da Ciencia", unha serie de audiovisuais producidos por GCiencia e presentados pola actriz Déborah Vukusic, que explican de xeito desenfadado diferentes termos relacionados coa ciencia. Na súa realización participaron Emilio Rodríguez (realización), Nelson Ribeiro (cámara), Déborah Vukusic (presentadora), Eduard Rolland (guión) e Paula Lago (deseño gráfico).