A fotosíntese

Incorporación a Proxector: 7/3/2022

Vídeo de divulgación científica (1´ 39´´) no que se explica de xeito rápido e sinxelo en que consiste o proceso metabólico da fotosíntese.
Esta peza forma parte do "Dicionario da Ciencia", unha serie de audiovisuais producidos por GCiencia e presentados pola actriz Déborah Vukusic, que explican de xeito desenfadado diferentes conceptos relacionados coa ciencia. Na súa realización participaron Emilio Rodríguez (realización), Nelson Ribeiro (cámara), Déborah Vukusic (presentadora), Eduard Rolland (guión) e Paula Lago (deseño gráfico).

Eduardo Rolland    AUTORÍA
Gciencia CREACIóN
7/3/2022 INCORPORACIÓN A PROXECTOR
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    NIVEL DE ENSINO