Vídeo didáctico (2´ 27´´) no que Jesús Conde Lago, alumno do doutoramento en matemáticas da USC, nos explica que é a cicloide e como este termo xeométrico resolve o problema de como chegar máis rápido dun punto a outro baixando unicamente coa velocidade dada pola aceleración da gravidade.
Este foi un dos traballos gañadores do concurso "Explícoche matemáticas 2.0", na edición de 2018.