A maxia da robótica

Incorporación a Proxector: 28/3/2022

Obradoiro didáctico, promovido por Igaciencia, no que se achegan os conceptos básicos da programación robótica. O obradoiro componse de dúas partes. Na primeira terás a oportunidade de familiarizarte coa linguaxe icónica de programación EV3, un sistema de programación baseado en Labview, o estándar en control. Na segunda, aprenderás como se empregan os conceptos computacionais para enfocar e resolver problemas, comunicarte cun robot e comprobar se o programa que deseñaches se axusta ao que queres que execute o robot.

Vídeos que compoñen o obradoiro:
-A maxia da robótica (I) [24´ 41´´]
-A maxia da robótica (II) [27´ 27´´]

Institución Galega da Ciencia (Igaciencia) CREACIóN
28/3/2022 INCORPORACIÓN A PROXECTOR
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    NIVEL DE ENSINO