Buscando aproximacións de pi mediante o método de Arquímedes

Incorporación a Proxector: 4/4/2022

Vídeo didáctico (2´ 10´´) no que se explica o método que usou o matemático grego Arquímedes para aproximar o número pi (número irracional que representa a razón constante entre a lonxitude dunha circunferencia e o seu diámetro).
Esta peza está elaborada por Clara Rey Barona e Laura Álvarez Barbosa, alumnas de 4º da ESO do IES Escolas Proval, e foi a mellor valorada polos internautas na edición de 2018 do concurso "Explícoche Matemáticas 2.0".

Laura Álvarez Barbosa    Clara Rey Barona    AUTORÍA
4/4/2022
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    NIVEL DE ENSINO