Como a bioloxía sintética pode mellorar a saúde, a alimentación e os materiais

Incorporación a Proxector: 11/4/2022

A científica e empresaria Emily Leproust convídanos nesta charla de TED (11´ 07´´)
a reflexionar sobre a urxente necesidade de conciliar as comodidades materiais que demanda a civilización actual cun concepto moderno de sustentabilidade que integre medio ambiente, sociedade e economía. Segundo E. Leproust, a clave está na "bioloxía sintética", que permite crear alternativas verdes en tres áreas cruciais: a saúde, a alimentación e a produción de materiais.
Tradución ao galego de Susana Arrizado Gago para #TEDSAÚDE USC.

Emily Leproust    AUTORÍA
11/4/2022 INCORPORACIÓN A PROXECTOR
TEMÁTICAS
Galego    Portugués    LINGUA