A primeira programadora

Incorporación a Proxector: 15/9/2022

Co ánimo de compensar a ausencia de referentes femininos nos libros de texto, Sara Ramos López e Uxía Varela Castro (alumnas do IES Afonso X O Sabio de Cambre) ofrecen neste vídeo didáctico (1´ 52´´) unha breve presentación da matemática e escritora inglesa Ada Lovelace (1815-1852), que se converteu na primeira programadora da historia.
Esta peza foi galardoada co primeiro premio do concurso "Explícoche matemáticas 2.0", na edición de 2021.

Sara Ramos López    Uxía Varela Castro    AUTORÍA
15/9/2022 INCORPORACIÓN A PROXECTOR
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    NIVEL DE ENSINO