Ter ou non ter medo? A amígdala é a cuestión

Incorporación a Proxector: 25/4/2022

Vídeo (13´ 48´´) no que Pablo Sánchez Quinteiro nos fala sobre o papel que puido xogar a amígdala no proceso de domesticación dos animais salvaxes, contribuíndo á inhibición das condutas agresivas e a supresión do medo natural cara á especie humana.
Estudos que comparan neuroanatomicamente os encéfalos do lobo e do can, puxeron de relevo que neste último se produciu unha involución da arquitectura dalgúns dos núcleos de substancia gris implicados no procesamento dos sinais de alarma, entre os que destaca a amígdala, unha estrutura que é crucial na detección, aprendizaxe e expresión do que comunmente describimos como medo.
Poderemos logo controlar o medo controlando a amígdala?

Esta charla forma parte das sesións do DivulgaTerra 2021.

Pablo Sánchez Quinteiro    AUTORÍA
Universidade de Santiago de Compostela CREACIóN
25/4/2022 INCORPORACIÓN A PROXECTOR
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Universitario    NIVEL DE ENSINO