Proposta didáctica para aprender facendo en Bioloxía no Bacharelato

Incorporación a Proxector: 4/7/2022

Vídeo (7' 51'') onde se presentan dúas propostas didácticas que aplican na materia de Bioloxía no Bacharelato os kits "Animal CSI" elaborados polo grupo de innovación educativa XuvenCiencia (USC) en colaboración con outras institucións sanitarias.
Estas propostas desenvolvéronse como traballos prácticos de laboratorio e, segundo os cuestionarios de satisfacción que cubriu tanto o alumnado como o profesorado de Secundaria, os seus resultados foron moi positivos: o alumnado valora moi positivamente os traballos prácticos de laboratorio, o profesorado considera que se acadaron moi bos resultados co kit Animal CSI, que usalo contribúe a mellorar o proceso de ensino-aprendizaxe e que, en xeral, o uso dos kits educativos de XuvenCiencia constitúe unha oportunidade para facilitar a integración de traballos prácticos dirixidos como investigación en Bacharelato.

Esta charla forma parte das sesións do DivulgaTerra 2021.

Saskia Flament Simon    AUTORÍA
Universidade de Santiago de Compostela CREACIóN
4/7/2022
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO