O amencer da humanidade. O primeiro poboamento de Galicia

Incorporación a Proxector: 28/4/2022

Vídeo de divulgación científica (7´ 40´´) no que os investigadores Eduardo Méndez Quintas (Universidade de Vigo) e Arturo Lombera Hermida (Universidade de Santiago de Compostela) explican en que consiste o traballo arqueolóxico e falan dos xacementos nos que traballan, así coma dos lugares onde se expoñen os seus achados.

Esta peza, elaborada ao abeiro do Fondo de proxectos culturais Xacobeo 2021-2022, complementa unha exposición itinerante homónima deseñada para centros educativos.

Material didáctico complementario:
-Unidade didáctica para secundaria

Data Gestión Cultural CREACIóN
28/4/2022
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO