Do acuario ao laboratorio

Incorporación a Proxector: 9/5/2022

Vídeo (5´ 17´´) no que Nerea Gandoy Fieiras fala da utilidade do peixe cebra na investigación de enfermidades xenéticas humanas, grazas sobre todo á súa similitude xenética co ser humano, tendo en conta o seu pequeno tamaño e a facilidade do seu coidado.
Ademais, avances recentes en enxeñaría xenética con ferramentas como CRISPR/cas9 permiten crear modelos con mutacións concretas e reproducir as enfermidades de tipo xenético nos peixes.
Isto ha permitir coñecer máis sobre os mecanismos patolóxicos das doenzas, así como probar diferentes fármacos para ver os seus efectos.

Esta charla forma parte das sesións do DivulgaTerra 2021.

Nerea Gandoy Fieiras    AUTORÍA
Universidade de Santiago de Compostela CREACIóN
9/5/2022 INCORPORACIÓN A PROXECTOR
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO