Vídeo (22´ 14´´) que contén a segunda parte dunha charla de carácter didáctico e divulgativo sobre o cambio climático, impartida polo catedrático de Edafoloxía da USC Francisco Díaz-Fierros, no curso "Integración do proxecto Climántica na materia de Ciencias para o Mundo Contemporáneo".
Nesta segunda entrega continúa coas explicacións sobre os diferentes modelos e métodos científicos que se empregaron para estudar o cambio climático e, a continuación, céntrase na exposición dunha serie de factores e datos que determinan o estudo deste fenómeno, como poden ser os relacionados coa radiación solar ou as glaciacións.
Outros vídeos da serie:
- Cambio climático nos ecosistemas terrestres. Parte I
- Cambio climático nos ecosistemas terrestres. Parte III
- Cambio climático nos ecosistemas terrestres. Parte IV