A radiación e o 5G

Incorporación a Proxector: 12/5/2022

Vídeo divulgativo (4´ 44´´), difundido na canle O Son das Ideas, sobre os diferentes tipos de radiación e, máis concretamente, as microondas que usan os nosos móbiles. É nociva esta radiación para o noso organismo? En que consiste o quecemento dieléctrico? Está xustificado o medo irracional ao 5G? Darío Lago resolve, con argumentos científicos, todas estas cuestións.

Darío Lago    AUTORÍA
12/5/2022
#física   
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    NIVEL DE ENSINO