As abellas

Incorporación a Proxector: 19/5/2022

Vídeo divulgativo (1´ 43´´), pertencente á serie "Dicionario da ciencia", que che permitirá coñecer un "enxame de palabras" relacionado co mundo das abellas. Sabes que son os abázcaros, e para que serven os favos e as alvarizas? Déborah Vukusic explícacho en menos de minuto e medio.

Na realización desta peza participaron Emilio Rodríguez (realización), Nelson Ribeiro (cámara), Déborah Vukusic (presentadora), Eduard Rolland (guión) e Paula Lago (deseño gráfico).

Eduardo Rolland    AUTORÍA
Gciencia CREACIóN
19/5/2022
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    NIVEL DE ENSINO