Documental de carácter divulgativo (9´ 3´´) que nos achega á concepción e construción dunha das escaleiras máis singulares de todo o barroco europeo, a escaleira de San Domingos de Bonaval en Santiago de Compostela. Unha escaleira concibida polo arquitecto galego Domingo de Andrade (1639-1712); un dos grandes mestres da arquitectura galega ao que a Real Academia Galega de Belas Artes dedicou, nos anos 2020 e 2021, o Día das Artes.
Un documental dirixido por Pablo Soto Goluboff, baixo a idea orixinal, guión e asesoría científica da arquitecta Ruth Varela. A peza conta co traballo de Fernando Alcalde, matemático, USC, e dos arquitectos: José Antonio Franco Taboada, UDC, Ana González Uriel, UPM, e Manuel de Miguel Sánchez, UAH, así como coa colaboración da Fundación Compostela Arquitectura.
A peza audiovisual foi realizada ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021.