Todos os camiños levan á topoloxía

Incorporación a Proxector: 25/5/2022

Pensaches algunha vez por que Google Maps dá alternativas moi diferentes para chegar a un mesmo lugar cando modificamos minimamente o punto de partida? O esperable sería que, ao estar os dous puntos de partida moi preto, o traxecto sinalado para chegar a ese mesmo destino fose practicamente o mesmo, pero non sempre é así. David Mosquera Lois demóstranos nesta charla (18´ 20´´) que a resposta está na topoloxía.

A charla tivo lugar en 2021, no marco da xornada divulgativa "Matemáticas: habelas hainas, seguimos contándochas", destinada fundamentalmente a estudantes de grao e máster.

David Mosquera Lois    AUTORÍA
Universidade de Santiago de Compostela CREACIóN
25/5/2022 INCORPORACIÓN A PROXECTOR
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Universitario    NIVEL DE ENSINO