Cambio climático nos ecosistemas terrestres. Parte IV

Incorporación a Proxector: 25/5/2022

Vídeo (3´ 15´´) que contén a última parte dunha charla de carácter didáctico e divulgativo sobre o cambio climático, impartida polo catedrático de Edafoloxía da USC Francisco Díaz-Fierros no curso "Integración do proxecto Climántica na materia de Ciencias para o Mundo Contemporáneo". O profesor Díaz-Fierros remata a súa exposición falando da capacidade que teñen os ecosistemas forestais para frear o cambio climático (explicación que comezara xa na terceira parte desta charla), e explica tamén como algúns datos relacionados coas colleitas, coa chegada de aves migratorias ou coa produtividade do mar demostran os efectos deste cambio climático en Galicia.

Outros vídeos da serie:



Francisco Díaz-Fierros Viqueira    AUTORÍA
25/5/2022
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Universitario    NIVEL DE ENSINO