O forno cósmico

Incorporación a Proxector: 25/5/2022

Vídeo divulgativo (5´ 51´´) no que Darío Lago nos explica cales puideron ser as condicións que deron lugar á expansión do Universo. Concretamente, fálanos das teorías da inflación cósmica e mais do requecemento, que tratarían de explicar o que aconteceu antes do big-bang.

Esta peza foi elaborada por O Son das Ideas e mais o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías e forma parte da serie "O amencer do cosmos", realizada coa finalidade de divulgar as orixes do Universo.

Darío Lago    AUTORÍA
O Son das Ideas CREACIóN Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) CREACIóN
25/5/2022 INCORPORACIÓN A PROXECTOR
#física   
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO