Entre luz e sombra

Incorporación a Proxector: 6/6/2022

Vídeo (10' 25'') en que Tamara Franco Grandas nos presenta os resultados dos seus estudos sobre como inflúe no crecemento e na produción dos cereais a cantidade de luz que reciben.
Estes traballos son relevantes porque a asociación cultivo-árbore estase presentando como unha posible ferramenta de adaptación e mitigación das condicións ambientais extremas que o cambio climático vai provocar en moitas rexións cerealeiras, ademais de conferirlle unha maior diversidade ao sistema produtivo e proporcionarlle máis garantías económicas ao produtor.

Esta charla forma parte das sesións do DivulgaTerra 2021.

Tamara Franco Grandas    AUTORÍA
Universidade de Santiago de Compostela CREACIóN
6/6/2022 INCORPORACIÓN A PROXECTOR
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Universitario    NIVEL DE ENSINO