Vídeo (8' 38'') de Lucía Casal de la Fuente, que describe exemplos de docentes que arredor do mundo destacan polo seu éxito á hora de educar a voz cantada das crianzas. Esta selección e análise de boas prácticas permítelle illar formas de traballar (fases e áreas de traballo) que poden ser replicadas por outro profesorado que queira acadar bos resultados e achegarlle ao seu alumnado todos os beneficios que produce a práctica do canto.
Esta charla forma parte das sesións do DivulgaTerra 2021.