A batalla da rata de auga setentrional (rata topo) e das feromonas

Incorporación a Proxector: 30/5/2022

Vídeo (9´ 32´´) no que Sara Ruiz Rubio nos presenta o seu traballo para loitar desde unha estratexia ecolóxica contra a proliferación da rata de auga setentrional (Arvicola scherman), máis coñecida entre nós como "rata toupa" (a tradución ao galego do seu nome castelán). Esta especie convértese periodicamente nunha praga que afecta gravemente os cultivos das áreas montañosas das rexións cantábricas e doutros países, como Francia.

O traballo de Sara pretende estudar a comunicación química nesta especie co fin de empregar feromonas (sinais reprodutivos) e cairomonas (sinais de alerta) para interferir na reprodución da especie, reducindo a súa poboación.

Esta charla forma parte das sesións do DivulgaTerra 2021.

Sara Ruiz Rubio    AUTORÍA
Universidade de Santiago de Compostela CREACIóN
30/5/2022 INCORPORACIÓN A PROXECTOR
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Universitario    NIVEL DE ENSINO