Falemos de curvas. A catenaria

Incorporación a Proxector: 6/6/2022

Vídeo divulgativo (1´ 29¨) no que Manuel Villaverde Framil, alumno de 2º de bacharelato do IES Arcebispo Xelmírez I (Santiago de Compostela), nos fala do concepto da curva catenaria, un elemento moi habitual en arquitectura que foi empregado, entre outros, por Gaudí no deseño da Sagrada Familia. En concreto, descubrirás por que unha curva catenaria invertida é o mellor trazado útil para o deseño dos arcos.

Este traballo foi un dos gañadores no I Concurso "Petiscos de Ciencia", organizado pola USC en 2022.

Manuel Villaverde Framil    AUTORÍA
6/6/2022
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    NIVEL DE ENSINO