Como crea o goberno diñeiro da nada?

Incorporación a Proxector: 6/6/2022

En marzo de 2020 a pandemia da Covid-19 fixo cambalear os sistemas económicos mundiais e os gobernos responderon cun dos maiores paquetes de rescate da historia. Como fixeron os gobernos para "crear diñeiro da nada" e inxectalo na economía? Neste vídeo de TED (4´ 54´´) Jonathan Smith explícanos en que consiste a estratexia de flexibilización cuantitativa, unha política monetaria pola cal un banco central merca bonos para inxectar diñeiro e expandir a actividade económica.

Tradución ao galego de Xosé María Moreno.

Jonathan Smith    AUTORÍA
6/6/2022 INCORPORACIÓN A PROXECTOR
TEMÁTICAS
Galego    Portugués    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO