Vídeo didáctico (12´ 28´´) no que Geno Rodríguez, profesor da Área de Didáctica da Expresión Corporal da USC, nos presenta o proxecto "A cultura lúdica e musical a través do xogo tradicional". Trátase dun proxecto didáctico elaborado por diferentes docentes das áreas de Didáctica da Expresión Corporal e Didáctica da Expresión Musical, co obxectivo de poñer á disposición do alumnado dos graos en Mestre de Educación Primaria e Mestre de Educación Infantil unha serie de pezas audiovisuais que lles permitan de forma autónoma introducirse no coñecemento do patrimonio cultural galego a través do xogo tradicional, atendendo fundamentalmente a dous aspectos: o lúdico e o musical. A seguir, poderás ver unha entrevista con Paco Veiga, mestre de Educación Primaria e membro da Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional, na que explica que se entende por "xogos populares e tradicionais" e cales son os aspectos culturais vinculados a este tipo de manifestacións lúdicas.
Esta serie pertence á colección didáctica "Pílulas de coñecemento", promovida pola Universidade de Santiago de Compostela.
Outros vídeos da serie: