As vacas comen máis que herba?

Incorporación a Proxector: 20/6/2022

Vídeo (10´ 43´´) no que Jorge Prieto Vilaboa defende o emprego de leguminosas na alimentación dos ruminantes en Galicia. En comparación coas gramíneas destacan polo seu elevado valor nutricional debido ao seu alto contido en proteína e baixo en fibras, o cal repercute nunha alta dixestibilidade da forraxe e inxestión por animal. Un incremento no seu emprego como alimento para o gando permitiría abaratar os custos de produción das explotacións, ao achegar proteína facilmente utilizable polos animais e permitir empreagar menos fertilizantes de síntese, dada a capacidade destes vexetais de fixar o nitróxeno atmosférico no solo.
Pero pola contra, a superficie dedicada ao cultivo de leguminosas é moi pequena, e na maioría de países do mundo está en diminución. En Galicia, aínda que existe un gran potencial para a produción de forraxes en verde debido á súa situación atlántica marcada por un patrón de precipitacións que posibilita o crecemento da herba na maior parte do ano, a presenza de leguminosas nas explotacións resulta moi baixa.

Esta charla forma parte das sesións do DivulgaTerra 2021.

Jorge Prieto Vilaboa    AUTORÍA
Universidade de Santiago de Compostela CREACIóN
20/6/2022 INCORPORACIÓN A PROXECTOR
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Universitario    NIVEL DE ENSINO

Persoas: Prado Vilaboa, Jorge [autoría]