O cacto do ordenador, moita decoración e pouca ciencia

Incorporación a Proxector: 13/6/2022

Poden os cactos absorber as radiacións electromagnéticas dos ordenadores? Son estas radiacións perigosas para nós? Neste vídeo divulgativo (4´) descubrirás coa axuda de Jorge Mira, catedrático de Electromagnetismo da Universidade de Santiago de Compostela, que tipo de radiacións son realmente daniñas para a nosa saúde e cales son totalmente inofensivas pola súa baixa frecuencia.
Esta peza, pertencente á serie #DesmontandoMitos, foi elaborada por GCiencia, coa colaboración da Fecyt e a Universidade de Santiago de Compostela.

María Piñeiro    Miguel Sardo    AUTORÍA
Gciencia CREACIóN
13/6/2022 INCORPORACIÓN A PROXECTOR
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO