Axudando a Pepa a Loba

Incorporación a Proxector: 13/6/2022

Vídeo divulgativo (19´ 05´´) no que Andrea Vilar Álvarez nos propón un divertido reto: axudar a Pepa a Loba a gañar cartos no casino para poder continuar co seu "bandoleirismo xeneroso" no actual século XXI. Andrea Vilar explícanos cales son as diferentes estratexias matemáticas que podemos usar para axudarlle a Pepa a Loba a acadar o seu obxectivo: maximizar a recompensa total das máquinas comecartos partindo duns recursos concretos de partida de 600 euros.

A charla tivo lugar en 2021, no marco da xornada divulgativa "Matemáticas: habelas hainas, seguimos contándochas", destinada fundamentalmente a estudantes de grao e máster.

Andrea Vilar Álvarez    AUTORÍA
Universidade de Santiago de Compostela CREACIóN
13/6/2022 INCORPORACIÓN A PROXECTOR
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Universitario    NIVEL DE ENSINO