Vídeo divulgativo (2´ 31´´) no que Carmela Cela nos presenta a historia de Manuela Barreiro Pico. Nada en Viveiro en 1877, foi en 1896 a primeira muller matriculada na Universidade de Santiago de Compostela e, unha vez licenciada en Farmacia, tamén foi pioneira ao converterse na primeira farmacéutica de Galicia.
Esta peza forma parte da serie “Galegas na ciencia”, onde se repasa de xeito breve a vida de diferentes mulleres galegas que foron pioneiras no ámbito da ciencia.