A cor do papel

Incorporación a Proxector: 27/6/2022

Vídeo (7´ 50´´) en que Lara Rouco Méndez nos explica por que o papel é branco e non marrón, como a madeira da que procede.
O compoñente principal do papel é a fibra procedente da madeira, que maioritariamente é celulosa. Pero esa fibra contén tamén lignina, unha substancia que forma parte da parede celular de plantas e algunhas algas, e que lle dá a cor marrón á madeira e llo daría tamén ao papel, se non se elimina.
Así que se queremos un papel branco, temos que eliminar a lignina, a través dun proceso denominado branqueo. Pero o gran reto é facelo dunha forma que non dane a celulosa e sexa respectuosa co medio ambiente. Lara cóntanos como facelo empregando compostos que imitan a forma en que a natureza elimina a lignina.

Esta charla forma parte das sesións do DivulgaTerra 2021.

Lara Rouco Méndez    AUTORÍA
Universidade de Santiago de Compostela CREACIóN
27/6/2022 INCORPORACIÓN A PROXECTOR
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO