Clima e saúde mental, moito máis ca un día de chuvia

Incorporación a Proxector: 20/6/2022

Será certo iso de que o tempo inflúe no noso estado de ánimo? Que nos di a ciencia? Neste vídeo divulgativo (4´), pertencente á serie #DesmontandoMitos, Rominic Royec (investigador en Biometeoroloxía da USC) explícanos en que grao inflúe o tempo meteorolóxico na nosa saúde mental, cal é concretamente a variable atmosférica que máis nos afecta e que sector da poboación sería o máis vulnerable.

Esta peza foi elaborada por GCiencia, coa colaboración da Fecyt e a Universidade de Santiago de Compostela.

María Piñeiro    Miguel Sardo    AUTORÍA
Gciencia CREACIóN
20/6/2022
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO