Conferencia didáctica (1 h, 20´, 40´´), impartida pola neurocientífica Sonia Villapol Salgado, sobre as aprendizaxes adquiridas a partir da pandemia da Covid-19. Podemos falar de inmunidade colectiva en Galicia? Que medidas son efectivas para evitar o contaxio e que tratamentos demostraron ser máis eficientes para combater a doenza? Converterase a Covid-19 nunha enfermidade endémica? Estamos a padecer unha infodemia? Case dous anos despois de que a Oficina da OMS na China recibiuse un aviso de varios casos de pneumonía de causa descoñecida na cidade de Wuhan, a doutora Villapol fálanos das certezas que xa ten a ciencia e tamén das incógnitas que aínda non foi quen de resolver.
A charla, dirixida a alumnado de secundaria, foi organizada por Igaciencia en novembro de 2021 con motivo da celebración do XII Día da Ciencia en Galego.