A industria vitivinícola galega xera grandes cantidades de residuos orgánicos que acaban converténdose nun importante problema ambiental. Neste vídeo divulgativo (2´ 21´´) descubrirás o posible aproveitamento do bagazo de uva branca para a obtención de extractos “verdes”, convertibles en ingredientes útiles para a súa aplicación na industria alimentaria, cosmética, veterinaria, etc.
Esta peza, elaborada por María Celeiro Montero, Aly Castillo Zamora e Laura Rubio Lareu, foi galardoada co segundo premio do II Concurso de vídeos divulgativos en galego de química sostible, un certame promovido pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Química da USC co apoio do Servizo de Normalización Lingüística.