Será certo que todos detectamos os cinco sabores básicos nunha parte determinada da lingua? Neste vídeo divulgativo (4´) de Gciencia, pertencente á serie #DesmontandoMitos, Ángeles Romero, catedrática de tecnoloxía dos alimentos da USC, explícanos que en calquera zona da lingua pode haber resposta a todos os sabores e que na cuestión dos gustos inflúen diferentes variables (culturais, sociolóxicas, fisiolóxicas, etc.), o que fai que en realidade cada persoa teña o seu propio mapa de sabores.
Esta peza foi elaborada por GCiencia, coa colaboración da Fecyt e a Universidade de Santiago de Compostela.