Plan CAMGAL: exercicios de adestramento

Incorporación a Proxector: 27/6/2022

Vídeo divulgativo (11´ 08´´) sobre o traballo do plan territorial de continxencias por contaminación mariña accidental de Galicia (plan Camgal), difundido polo grupo Divulgare da Universidade de Vigo. No vídeo repásanse os diferentes tipos de exercicios que se adoitan realizar no marco deste plan, ilustrándoos cun caso práctico.

A peza está producida por Intecmar, e gravada e editada por Iván Rodríguez Arós. Os subtítulos en galego fixéronse co apoio da Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, no marco do seu programa de produción de contidos audiovisuais docentes en galego.

Grupo Divulgare - Universidade de Vigo CREACIóN
27/6/2022
#ecoloxía   
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO