Galegas na ciencia: Celia Brañas (1880-1948)

Incorporación a Proxector: 27/6/2022

Vídeo divulgativo (1´ 36´´) no que Carmela Cela nos presenta a biografía de Celia Brañas (1880-1948). Precursora da incorporación da muller ao estudo das ciencias, foi tamén unha pedagoga adiantada ao seu tempo dentro e fóra das aulas, ademais de promotora da creación dunha estación de bioloxía mariña na Coruña.

Esta peza forma parte da serie “Galegas na ciencia”, onde se repasa de xeito breve a vida de diferentes mulleres galegas que foron pioneiras no ámbito da ciencia.

Carmela Cela    AUTORÍA
27/6/2022
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO