A cultura lúdica e musical a través do xogo tradicional. Parte 4

Incorporación a Proxector: 4/7/2022

Vídeo didáctico (1´ 28´´) co se pon o ramo á serie audiovisual "A cultura lúdica e musical a través do xogo tradicional", un proxecto elaborado por diferentes docentes das áreas de Didáctica da Expresión Corporal e Didáctica da Expresión Musical da USC, co obxectivo de poñer á disposición do alumnado dos graos en Mestre de Educación Primaria e Mestre de Educación Infantil unha serie de recursos que lles permitan de forma autónoma introducirse no coñecemento do patrimonio cultural galego a través do xogo tradicional, atendendo fundamentalmente a dous aspectos: o lúdico e o musical.
Nesta última peza Sofía Benéitez, alumna do dobre grao en Educación Primaria e Infantil, explícanos en que consiste o xogo de “Rei rei”, cuxa peza musical é unha das poucas cancións vinculadas co xogo tradicional das que se pode afirmar con certeza a súa orixe galega.

Outros vídeos da serie:

José Agustín Candisano Mera    Sara Domínguez Lloria    Raúl Eirín Nemiña    Carol Guillanders    Javier Rico Díaz    José Eugenio Rodríguez Fernández    AUTORÍA
Universidade de Santiago de Compostela CREACIóN
4/7/2022
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Universitario    NIVEL DE ENSINO