Un día de exercicio, moito tempo de adestramento

Incorporación a Proxector: 12/7/2022

Que acontecería se houbese unha vertedura de petróleo nun ecosistema costeiro preto da zona na que vives? Neste vídeo divulgativo (7´ 40´´), difundido polo grupo Divulgare da Universidade de Vigo, podes ver un simulacro que tivo lugar en novembro de 2013 na ría de Vigo, no que participaron diferentes grupos de expertos e institucións estatais e europeas. Esta peza audiovisual foi elaborada ao abeiro do proxecto ARCOPOLplus, co obxectivo de divulgar este tipo de exercicios de adestramento contra as verteduras mariñas accidentais.

Os subtítulos en galego fixéronse co apoio da Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, no marco do seu programa de produción de contidos audiovisuais docentes en galego.

Universidade de Vigo CREACIóN Grupo Divulgare - Universidade de Vigo CREACIóN
12/7/2022 INCORPORACIÓN A PROXECTOR
#ecoloxía   
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO