Serie de seis pezas audiovisuais de carácter didáctico sobre a regueifa, unha técnica de improvisación en verso característica da nosa tradición oral. Nos vídeos, dirixidos a alumnado de ensino secundario, Luís “O Caruncho” e Pinto D´Herbón explícannos a historia da regueifa e as súas características técnicas, e ensínannos a facer as coplas (coa métrica e os recursos propios da improvisación).
Esta iniciativa desenvolveuse ao abeiro do programa “Obradoiros de regueifa e certame escolar“, do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo.
Vídeos que compoñen a serie:
- Introdución (1´ 47´´)
- Presentación da regueifa (4´ 04´´)
- Historia da regueifa (8´ 06´´)
- Que é unha regueifa (8´ 07´´)
- Leixapren (5´ 54´´)
- Expresións e ideas (4´ 24´´)