Os datos científicos non enganan: a vacina protéxenos da COVID-19

Incorporación a Proxector: 12/7/2022

Vídeo divulgativo (4´ 01´´), pertencente á serie #DesmontandoMitos de GCiencia, sobre a efectividade das vacinas contra a Covid-19. Francisco Caamaño, profesor de Medicina Preventiva e Saúde Pública da Universidade de Santiago de Compostela, explícanos que é exactamente a efectividade dunha vacina e como se fai o seu seguimento. Así mesmo, achega datos científicos que demostran que calquera tipo de temor ou rexeitamento ás vacinas contra a Covid-19 comercializadas na actualidade é infundado.

Esta peza foi elaborada por GCiencia, coa colaboración da Fecyt e a Universidade de Santiago de Compostela.

María Piñeiro    Miguel Sardo    AUTORÍA
Gciencia CREACIóN
12/7/2022 INCORPORACIÓN A PROXECTOR
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO