Corpo de vento 1. O contexto do órgano en Galicia

Incorporación a Proxector: 18/7/2022

Primeira parte dunha serie de catro vídeos de carácter divulgativo sobre o mundo do órgano en Galicia, visto desde o punto de vista histórico, musical e patrimonial. O obxectivo da serie é difundir a historia destes instrumentos musicais, así como a dos organistas que os tocaron e os organeiros que os construíron.

Neste primeiro vídeo (19´ 56´´), de carácter introdutorio, coñecerás, da man de diferentes profesionais e investigadores, cal é a importancia do órgano como parte substancial do noso patrimonio musical, cal é o grao de coñecemento que temos deste patrimonio e cal é a información da que dispomos para reconstruír a súa historia.

A iniciativa foi desenvolvida por Sirgo Torcendo, ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.

Outros vídeos da mesma serie:

Sirgo Torcendo CREACIóN
18/7/2022 INCORPORACIÓN A PROXECTOR
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO