Corte de dixestión, a clave é a temperatura

Incorporación a Proxector: 18/7/2022

A quen non lle recomendaron algunha vez que, despois de comer, debía agardar dúas horas a facer a dixestión antes de meterse na auga? Neste vídeo (4´) descubrirás que a recomendación, malia poder ser correcta para a nosa seguridade, non é de todo acertada, xa que a clave non é ter (ou non) comida no estómago, senón o cambio brusco de temperatura, que pode provocar desaxustes no noso organismo. Cóntacho con detalle Víctor Arce, catedrático de Fisioloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

Esta peza, pertencente á serie #DesmontandoMitos, foi elaborada por GCiencia, coa colaboración da Fecyt e a Universidade de Santiago de Compostela.

María Piñeiro    Miguel Sardo    AUTORÍA
Gciencia CREACIóN
18/7/2022 INCORPORACIÓN A PROXECTOR
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO