Efecto Coriolis, inapreciable a pequena escala

Incorporación a Proxector: 2/9/2022

Oíches algunha vez que o efecto Coriolis provoca que a auga do desaugadorio xire cara á dereita no hemisferio norte e cara á esquerda no hemisferio sur? Neste vídeo (4´) da serie #DesmontandoMitos, o físico teórico José Manuel Sánchez de Santos explícanos en que consiste este efecto, descrito por primeira vez en 1836 polo científico francés Gaspard-Gustave Coriolis, e en que circunstancias sería realmente perceptible.

Esta peza foi elaborada por GCiencia, coa colaboración da Fecyt e a Universidade de Santiago de Compostela.

María Piñeiro    Miguel Sardo    AUTORÍA
Gciencia CREACIóN
2/9/2022 INCORPORACIÓN A PROXECTOR
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO